Quantcast
Channel: En rede – Botóns
Viewing all articles
Browse latest Browse all 24

Os videoxogos na escola e na sociedade

$
0
0

Seminario que se celebrará os días 16 e 17 de novembro na Facultade de Ciencias de Educación do Campus Vida (Santiago de Compostela).

Os videoxogos serán protagonistas do XIV Seminario de avaliación de materiais didácticos Jaume Martínez Bonafé, que se desenvolverá os días 16 e 17 de novembro na Facultade de Ciencias de Educación do Campus Vida (Santiago de Compostela).

Conscientes da necesaria formación en videoxogos, e partindo de que as/os profesionais da educación deben realizar un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o alumnado universitario e comunidade educativa (profesorado, familias, outras/os profesionais…) co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos videoxogos nas aulas, nos fogares e na sociedade.

As actividades, de balde, están abertas a todo o público interesado, previa inscrición que pode completarse nesta ligazón. O número máximo de participantes para cada un dos obradoiros programados establécese en 45 persoas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

O programa e a información completa sobre o XIV Seminario de avaliación de materiais didácticos pode consultarse na web de Nova Escola Galega.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 24

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]